AS NOSAS LETRAS

Como calquera momento é bo para falar  de fraternidade, deixamos este texto de Celso Emilio Ferreiro cantado por Fuxan os Ventos.
----------------------------------

Como estamos en pleno Rexurdimento, aquí temos o poema que un dos grandes deste período lle adica a unha grande da mesma época. 

A Rosalía - Curros Enríquez

Do mar pola orela
mireina pasar,
na frente unha estrela,
no bico un cantar.

A musa dos pobos
que vin pasar eu,
comesta dos lobos,
comesta se veu

E vina tan sola
na noite sin fin,
¡Que ainda recei pola probe da tola
eu, que non teño que rece por min!.

Os ósos son dela, que vades gardar.
¡Ai dos que levan na fronte unha estrela!
¡Ai dos que levan no bico un cantar!

Manuel Curros Enríquez



------------------------------------------

Pasamos de Rosalía a Curros e aquí temos unha homenaxe a todos aqueles que deixan Galicia en procura dunha vida mellor que ás veces, coma neste caso, a perden. 
Hai barcos que non sempre chegan a bo porto, e non só afundiu o Titanic.

-------------------------------
Continuando coa historia das nosa letras , pasamos agora ao Rexurdimento e quen mellor que Rosalía de Castro para iniciar este período áureo das nosa letras.




--------------------------------
Na terceira entrega, deixámosvos outra da época medieval. Nesta ocasión, unha da autoría de D. Dinis, rei de Portugal, que se titula Ai flores, ai flores do verde pino




---------------------------------
Nesta segunda entrega ofrecémosvos unha CANTIGA de AMOR de BERNAL DE BONAVAL interpretada tamén por Amancio Prada.

----------------------------------------
Deixamos este video dunha cantiga de Pero Eanes Solaz interpretada por Amancio Prada que se titula "Lelia doura" para irmos coñecendo a nosa literatura desde a época medieval ata os nosos días. 
A disfrutala! 




1 comentario: