Grupo 2º BAC
Alumnos
participantes: Jorge Campo Ferreiro
Sara
Flores Fraga
Ares Gago
Gómez
Alejandro
González Castro
Bárbara
Novo del Río
Sara
Rodríguez Neira
Beatriz
Rodríguez Rodriguez
Tega
Unuoma
José
Carlos Vázquez Regueiro
Lecturas
realizadas: Un día de cólera (Arturo
Pérez Reverte)
La berlina de Prim (Ian Gibson)
As rulas de
Bakunin (Antón Riveiro Coello)
A intención ao formar
este grupo era a de potenciar a lectura de contido histórico entre o alumnado
de 2º de bacharelato. Tivéronse en conta as particularidades do curso, a
escaseza de tempo por parte do alumnado (dada a presión á que están sometidos
neste curso, que xa de por sí é máis curto) e igualmente a necesidade de que as
lecturas propostas se correspondesen cos contidos traballados na materia de
Historia de España e aportasen aspectos de interese á mesma.
Resultou moi positiva a
alta participación do alumnado (dez alumnos), o seu traballo continuado e as
súas achegas críticas. Un aspecto destacado foi que se tratou de axustar a
temática das obras propostas ao tempo
histórico estudado en clase, o que limitou moito as lecturas. Isto tamén
debe tratarse (como propuxeron os propios alumnos) de reconsiderar en vindeiros
cursos, posto que a primeira obra lles resultou, en xeral, algo tediosa e de
menor interese que as outras dúas. Asimesmo tamén debe terse en conta a idea de
ampliar a actividade do Clube con outra
lectura, o que obrigaría a axustar máis os tempos e a un esforzo extra por
parte do alumnado, o que se podería “recompensar” na materia de Historia de
España.