jueves, 4 de junio de 2015

O traballo dun grupo


Grupo 4º ESO- 1º BAC


Alumnos participantes: Natalia Sánchez Tizón
Alba Mª Torrón Celada
Bárbara Mosquera Parapar
Lúa Pena Dopazo


Lecturas realizadas: La noche más oscura (Ana Alcolea)
La isla de Bowen (César Mallorquí)
A viaxe de Gagarin (Agustín Fernández Paz)


Ao longo deste curso a actividade deste grupo do club de lectura A lus do candil, reduciuse a estas tres lecturas debido fundamentalmente a tres motivos: o escaso número de participantes no grupo (catro alumnos), a que estes realizaron unha viaxe a París e tamén a Portugal (o que impediu dedicarlle algo máis de tempo a esta actividade), e ao feito de que A illa de Bowen é unha novela moi extensa o que fixo que ocupara moito tempo do adicado á lectura.



De todos os xeitos hai que destacar que as tres obras escollidas tiveron una moi boa acollida e que, no que respecta á temática e foise de menos a máis complexidade, algo que se puido facer dados os coñecementos e a idade dos alumnos que traballaron e que sinalaron como moi positivo o seu labor no grupo. Para o próximo curso debe considerarse a idea de ampliar a temática e a variedade coa lectura dun cómic (Mauss por exemplo) á par que se incide en realizar lecturas dunha maior complexidade e profundidade.


 

No hay comentarios:

Publicar un comentario