jueves, 11 de junio de 2015

O traballo doutro grupo

Grupo  2º BAC

Alumnos participantes:   Jorge Campo Ferreiro
                                      Sara Flores Fraga
                                      Ares Gago Gómez
                                      Alejandro González Castro
                                      Bárbara Novo del Río
                                      Sara Rodríguez Neira
                                      Beatriz Rodríguez Rodriguez
                                     Iria Mº Souto Grande
                                     Tega Unuoma
                                     José Carlos Vázquez Regueiro

Lecturas realizadas:   Un día de cólera (Arturo Pérez Reverte)
                                 La berlina de Prim  (Ian Gibson)

                                 As rulas de Bakunin (Antón Riveiro Coello)




A intención ao formar este grupo era a de potenciar a lectura de contido histórico entre o alumnado de 2º de bacharelato. Tivéronse en conta as particularidades do curso, a escaseza de tempo por parte do alumnado (dada a presión á que están sometidos neste curso, que xa de por sí é máis curto) e igualmente a necesidade de que as lecturas propostas se correspondesen cos contidos traballados na materia de Historia de España e aportasen aspectos de interese á mesma.





Resultou moi positiva a alta participación do alumnado (dez alumnos), o seu traballo continuado e as súas achegas críticas. Un aspecto destacado foi que se tratou de axustar a temática das obras propostas ao tempo  histórico estudado en clase, o que limitou moito as lecturas. Isto tamén debe tratarse (como propuxeron os propios alumnos) de reconsiderar en vindeiros cursos, posto que a primeira obra lles resultou, en xeral, algo tediosa e de menor interese que as outras dúas. Asimesmo tamén debe terse en conta a idea de ampliar a actividade do Clube  con outra lectura, o que obrigaría a axustar máis os tempos e a un esforzo extra por parte do alumnado, o que se podería “recompensar” na materia de Historia de España.

jueves, 4 de junio de 2015

O traballo dun grupo


Grupo 4º ESO- 1º BAC


Alumnos participantes: Natalia Sánchez Tizón
Alba Mª Torrón Celada
Bárbara Mosquera Parapar
Lúa Pena Dopazo


Lecturas realizadas: La noche más oscura (Ana Alcolea)
La isla de Bowen (César Mallorquí)
A viaxe de Gagarin (Agustín Fernández Paz)


Ao longo deste curso a actividade deste grupo do club de lectura A lus do candil, reduciuse a estas tres lecturas debido fundamentalmente a tres motivos: o escaso número de participantes no grupo (catro alumnos), a que estes realizaron unha viaxe a París e tamén a Portugal (o que impediu dedicarlle algo máis de tempo a esta actividade), e ao feito de que A illa de Bowen é unha novela moi extensa o que fixo que ocupara moito tempo do adicado á lectura.



De todos os xeitos hai que destacar que as tres obras escollidas tiveron una moi boa acollida e que, no que respecta á temática e foise de menos a máis complexidade, algo que se puido facer dados os coñecementos e a idade dos alumnos que traballaron e que sinalaron como moi positivo o seu labor no grupo. Para o próximo curso debe considerarse a idea de ampliar a temática e a variedade coa lectura dun cómic (Mauss por exemplo) á par que se incide en realizar lecturas dunha maior complexidade e profundidade.