lunes, 27 de enero de 2014

Cando quero ... de verdade

San Valentín

    No club de lectura tamén queremos celebrar o Santo dos namorados  e ¡Que mellor que este texto de Celso Emilio Ferreiro  adicado á súa muller , para facelo!




Cando quero vivir
    digo Moraima.
    Digo Moraima
    cando semento a espranza.
    Digo Moraima
    e ponse azul a alba.

    Cando quero soñar
    digo Moraima.
    Digo Moraima
    cando a noite é pechada.
    Digo Moraima
    e ponse a luz en marcha.

    Cando quero chorar
    digo Moraima.
    Digo Moraima
    cando a anguria me abafa.
    Digo Moraima
    e ponse a mar en calma.

    Cando quero surrir
    digo Moraima.
    Digo Moraima
    cando a mañá é crara.
    Digo Moraima
    e ponse a tarde mansa.

    Cando quero morrer
    non digo nada.
    E mátame o silencio
    de non decir Moraima.

        Celso Emilio Ferreiro
        Onde o mundo se chama Celanova
        1975 – Madrid

No hay comentarios:

Publicar un comentario