miércoles, 30 de octubre de 2013

Benvid@s

Neste outono botamos a andar o Club de Lectura do IES Ánxel Fole e con el este blog para renderlle a nosa pequena homenaxe a quen nos dá nome. Imoslle chamar Á LUS DO CANDIL, non porque queiramos ler ás agachadas, como o pequeno da nosa foto de perfil, senón porque temos moito conto e moitos contos para descubrir, ler, narrar... Por eso iniciamos a nosa andaina lendo uns textos desta obra de don Ánxel Fole.

martes, 29 de octubre de 2013

Á Lus do candil

              

Amig@s lector@s : No Ánxel Fole temos club de lectura e contamos con que vos vaiades sumando pouco a pouco e podamos disfrutar dos mundos que nos ofrecen os libros , expoñer opinións , facer propostas e compartir as nosas experiencias co libro.

Como non debía ser doutra maneira , iniciamos a nosa andaina cuns textos de Á Lus do Candil do autor que lle dá nome ao noso centro.

  Mañá compartiremos as nosas opinións ás 11,30. 

  Non o esquezades !